martes, 21 de septiembre de 2010

Burdeos. Recordos.

Unha vez estiven namorada. Unha vez estiven namorada de ti. E da túa voz. E do teu silencio. Estabas lonxe, pero eu queríate como nunca quixen a ninguén. Pasou o tempo. Pasaron os anos e os invernos, é certo. Tan certo como que te boto de menos só cinco minutos ó día. Antes de durmir. Xusto antes de durmir. Apago a luz e a cama antóllaseme demasiado grande para min soa. E entón penso en como serían as cousas se te tivera aquí, ó meu carón, sorrindo na escuridade do meu cuarto. Teño que confesarche que unha vez estiven namorada. De ti. E que aínda hoxe me durmo sentindo a túa voz, escoitando o teu silencio. Botándote de menos. Pero só cinco minutos ó día. Xusto antes de durmir.

3 comentarios:

  1. só cinco minutos...

    pero qué cinco minutos tan jodidos!!


    pd: lo he intentado en gallego, pero a tanto no alcanzo :(

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Pooooou!

    Escribe que quiero pasar a leerte ;)

    ResponderEliminar